top of page
Buscar

Axudas para actividades de linguas estranxeiras 2018

  • Foto del escritor: Santiago Fernández Fandiño
    Santiago Fernández Fandiño
  • 15 feb 2018
  • 1 Min. de lectura

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

A información detallada aparece na web da xunta http://www.edu.xunta.es/axudasle

O prazo de presentación é ata o 7 de marzo. Os requisitos para poder acceder ás axudas son:

  • Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016-2017, na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.

  • Nota mínima na área ou materia de lingua inglesa de Ben ou 6, curso 2015- 2016.

  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2015/2016.

  • Ter DNI (excepto menores de 14 anos), ou NIE en vigor, segundo corresponda.

Os datos de contacto para saber máis:

Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.es

Atención telefónica: 981957296 - 981546544 – 881997497 - 981597538 – 981546503

Máis información


 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page