
A universidade
Os estudos Universitarios están orientados a acadar as competencias para un desempeño profesional. Na actualidade hai moitos e moi diversos graos.
​
Os estudos universitarios organízanse en:
​
-
Estudos de Grado: formación de carácter xeral orientada ao exercicio de actividades de carácter profesional. Conteñen formación teórica e práctica e unha duracion de entre 180 e 240 créditos. Un crédito é unha valoración de tempo invertido polo alumno. Calcúlase 1 crédito = 25 horas. Así que multiplica… case tódolos graos están organizados en 4 anos. Os estudios universitarios de grado están adscritos a un rama de coñecemento. Son 5 ramas: Artes e humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e InxeñerÍa e Arquitectura
-
Simultaneidade de Graos: ou dobles graos... Consiste na posibilidade de cursar dous graos de forma simultanea. Normalmente son grupos reducidos, e a nota de acceso é como mínimo, igual a máis alta das dúas titulacións que forman parte do dobre grao
-
Graos Abertos: implantanse no curso 20-21, en Galicia. Significa que nos primeiros anos combínanse materias de como mínimo tres graos da mesma rama de coñecemento, e nos últimos anos escolles en cal dos graos vas a titular. O alumnado cursa un máximo de 90 créditos, que finalmente se lle recoñecerán no Grao que escollas ao final. Teñen un máximo de 25 prazas. O alumnado conta cun proceso continuo de titorización e mentorización. Para acceder aos graos abertos, o alumnado deberá contar cunha nota de acceso como mínimo, igual á máis alta de todas as titulacións de grao integradas no programa. Informate da oferta que hai en cada Universidade.
-
​​
-
Máster: Posteriores aos graos e cunha duración de entre 60 e 120 crétidos. Teñen finalidade dunha formación avanzada, de carácter especializado ou multidisciplinario, orientada á especialización académica ou profesional, ou a promover a iniciación de tarefas investigadoras.
​​
-
Doutorado: son estudos de formación avanzada que teñen como actividade principal a investigación. Precisas ter adadado os títulos de Grao e Master Universitario.
​
Oferta de Graos e Titulacións
A oferta de Graos e titulacións é moi ampla e vairada ao longo do estado español. A continuación algúns enlaces de referencia para a búsqueda de Universidade e título .
-
que estudiar y donde: aplicación do ministerio que permite acceder a tódalas titulacións que se imparten nas universidades españolas: nota media, número de plazas, rendemento probable no grao.
-
Uniscopio: buscador de graos e residencias universitarias.
-
Unidream: buscador de graos
-
Universia: web cun buscador bastante actualizado e axil de estudos universitarios en España.
-
u-ranking: web que permite facer o proceso de selección de Universidade, analizar e comparar universidades españolas. Elaborada pola fundación BBVAe o Instituto Valenciano de Investigaciones económicas (ivie)
E se o que queres e Estudar en Portugal: consulta a web studyinportugal para informarte do proceso de inscriccion e achégate a preguntar.
​
Atoparás oferta de Graos e Titulacións das 3 Univesidades Galegas podes consultala a continuación:
E no seguine enlace atoparás vídeos de Estudantes da universidade de Vigo explicando en que consistes os seus estudos: https://tv.uvigo.es/series/5b5b5d6d8f4208e03323818a
Proceso de admisión
Cada universidade establece os seus propios procesos de admisión. A continuación dous enlaces que te poden interesar:
​
-
Datas de preinscrición en toda españa: extraído da Web da Universidade de Alicante
​​
Admisión en Galicia
O proceso de solicitude admisión en Galicia para as tres universidades públicas está unificado a través da Plataforma Nerta.
​
Achegamos dous vídeos, un da Uvigo e outro da USC nos que está descrito o proceso e no caso de dúbidas contacta coa Universidade. Consultao na web da Uvigo
​
​
Para máis información consulta a oficina do SIOPE (servizo informacion e Orientaciñon para Estudantes: 986 813755 / 986813630 ou no mail siope@uvigo.es da Universidade de Vigo ou contacta coa CIUG.
​
-
En Galicia (19/20) soamente farás unha preinscrición, coa que poderás optar ata 5 graos de calquera das 3 universidades Galegas. a través do programa NERTA, pero logo a matrícula faise en cada Universidade.
-
Realizanse varios chamamentos (publicacións de admitidos). O calendario atoparálo na Web da CIUGA. Despois de cada chamamento, no caso de non ser chamado a matrícula, será preciso RECONFIRMAR O INTERESE EN SAIR NAS LISTAS da CIUG. A
-
En canda chamamento, s posibles situacións en cada convocatoria son:
-
Convocado: podes formalizar a matrícula no período indicado.
-
En espera: podes agardar ao seguinte listado.
-
Liberado: quere dicir que como estiveches convocado nuna opción preferente, perdes a túa solicitude para o resto.
-
Pechado: o número de prazas ofertadas cubriuse. Non hai opción .
-
​
Exemplos:
1ª Opción: Convocado
2ª Opción: Liberado
Necesariamente terás que matricularte nese prazo na 1º Opción. De non facelo, enténdese que desistes da túa solicitude
1ª Opción: En espera
2ª Opción: Convocado
Sempre que nunha opción preferente apareza “En espera” poderás esperar ao siguiente listado que se publique. Reservan a praza na opción que di “Convocado”. Evidentemente tamén podes matricularte na opción que figuras “Convocado”, pero entón perdes a posibilidade de matricularte na primeira opción que pasaría
de “En espera” a “LIBERADO”.
​
Importante: despois de finalizar cada llamamiento, en el caso de no ser convocado a matrícula, será necesario reconfirmar el interés en seguir en los listados de la CIUG.
A ter en conta
-
O primeiro que precisas é aprobar as ABAU e obter a túa nota de acceso.​
​
-
Atención porque cada Universidade pode ter o seu propio proceso de admisión, cos seus prazos.
​
-
A nota de corte que indican nas titulacións é a nota da última persoa admitida o ano anterior. A última nota de admisión. A admisión nun grado dependerá da oferta de prazas e da demanda. Se quedan prazas vacantes non hai problema. A nota de corte do ano anterior soamente é orientativa, non quere dicir que este ano sexa igual.
​​
-
No portal Notas de corte podes buscar notas de corte de toda España. Moitas veces eses portais non están actualizados, polo que o mellor sempre é ir a web do grao concreto e universidade que te interese. E lembra que soamente á unha nota orientativa.
​
-
Atención, algúns graos exisen ademais pasar unha proba de aptitude previa. Soen ser graos relacionados co estudo de idiomas, con artes e os de educación física. Na Uvigo o grao e CC da actividad Física e do Deporte. Cada universidade organiza esas probas. Tes que consultar en cada universidade.
​​
-
Existen porcentaxes de prazas reservadas para estudiantes que entran por diferentes vías: a vía de titulados universitarios ou equivalente, deportistas de alto nivel, persoas coa proba de acceso para maiores de 25 anos, maiores de 45 anos e estudantes con discapacidade. Se estás no caso, infórmate.
Cambiar de Estudos o 2º ano
Como alumno con estudos universitarios tes dúas vías de acceso: acceso por recoñecemento de créditos (hai un número limitado de prazas que convoca cada Uninversidade ( Exemplo UVIGO Convocatoria de matrícula de Grado: Anexo IV ) e contar polo menos con 30 créditos aprobados ; e acceder en primeiro pola vía ordinaria cos estudos que te deron acceso a Universidade, solicitando logo o recoñecemento dos créditos. Ambas vías son compatibles, o recomendable é solicitar as dúas.
​
Normalmente a solicitude de admisión por recoñecemento tela que facer no mes de Xuño no centro da titulación que eleixas. Achegarás os plans de Estudos e os programas da titulación que cursaches. Precisas ter 30 créditos ECTS superados., e o acceso é por nota. O mellor sempre é que contactes coa Facultad/Escola que esteas intersado/a e asegures a información.