
Autocoñecemento
Coñecerse é unha tarefa que durará toda a túa vida. Que non te preocupe se non tes respostas claras para as típicas preguntas que sempre te fan: que che gusta? en que eres bo?, cal é a túa vocación ?… é bastante habitual e lamento diciche que ademais, pode que vaias tendo respostas diferentes en momentos diferentes da túa vida.
Se eres moi moi descoñecido para ti mesmo, podes comezar por facerte 21 preguntas para coñecer mellor a alguén.
E xa pensando na decisión que tes que tomar, a continuación algúns recursos de test de orientación. Lembra que o obxectivo é obter información para que ti valores, ningunha ferramenta é infalible. Son máis interesantes as preguntas que fan que as valoracións que te devolven.
Tests de Orientación
ten como finalidade profundizar no autocoñecemento axudarte a atender mellor como eres e facerte reflexionar sobre o que queres facer.
cuestionario de intereses profesionais da web de orientación de Ibercaja
Test xeral e específicos de varias disciplinas académicas: Ciencias Biológicas e Agropecuarias, Ciencias Económico Administrativas, Ciencias Exactas, Ciencias de la Educación, Arte, Arquitectura y Diseño, Ciencias Sociales, Ciencias de la Salud e Ingenierías
Test interesante que te reporta un perfil de intereses profesionais e un listado de ocupacións segundo o grao de afinidade co teu perfil.