top of page

As ABAU

Probas de Avaliación do Bacharelato para o acceso a Universidade

Unha vez  aprobado Bacharelato, se queres acceder á Universidades tes que realiar ás ABAU.  En galicia á CIUGA ( Comisión Interuniversitaria de Galicia ) é a encargada das ABAU. Na web da CIUGA atoparás a información actualizada sobre as probas, proceso de matrícula e avaliación e sobre as titulacións das tres universidades galegas.

Para matricularse

En Galicia faise a través da Aplicación Nerta.

No centro encargarémonos de axudarte coa inscrición, pero aquí te deixamos un vídeo interesante da universidade de Vigo sobre como  como facer a matrícula no Nerta.

Matricularse
Estrutura da proba

A día de hoxe a proba consta dunha  Parte Obrigatoria  e con validez indefinida. Inclúe o exame das materias xerais de segundo curso do bloque das materias troncais da modalidade elixida e  Lingua Galega e Literatura II. Obriga a matricularse da materia troncal correspondente a modalidade de Bacharelato cursado.

Estructura da ABAU
Imaxeparte obrigatoria.png

e unha Parte Voluntaria de carácter voluntario e con validez  os dous cursos académicos seguintes. Poderás matricularte dun máximo de catro materias de entre as de modalidade do segundo curso de bacharelato que deberán ser distintas da materia de modalidade elixida para ao 5º exercicio da Fase Xeral. A nota nestas materias pondera diferente en función dos parámetros de ponderación asignados polos diferentes graos e Universidades. Para decidir de que materias te vas examinar, consulta primeiro os parámentros de ponderación, e escolle aquelas que máis te interesen en función do que queiras estudar.

voluntaria.png
A ter en conta
  • A modalidade de Bacharelato condiciona: a fase xeral tela que facer pola opción de bacharelato cursada. 

​​

  • A nota: tes que ter unha nota mínima de 4 na fase Xeral, para que te faga media coa nota de Bacharelato e poder asi optar a matrícula na universidade.

​​

  • Revisión: No curso 1920 unificanse tódolos procesos de Revisión e Secundas correccións. No prazo de 3 días a partir da data de publicación das cualificacións pódese solicitar a revisión da cualificación obtida nun ou en varios exames.  

    • En primeiro lugar analízarase se houbo algún erro materian na corrección do exame (sumas mal feitas ou preguntas sen correxir). No caso de habelos, modificarase a cualificación tanto a alta como a baixa, sendo esa a nova cualificación provisional. 

    • Nun segundo momento realizase unha segunda corrección por un novo corrector/a diferente ao que fixo a primeira. Se esta segunda corrección ten unha diferenza menor de dous puntos, a cualifiación definitiva será a media entre ambas correccións. No suposto de existir unha diferenza de dous ou mais puntos entre ambas cualificacións, un terceiro profesor/a distinto dos anteriores efectuará unha terceira corrección. Neste caso, a corrección definitiva será a media aritmética das tres correccións.

​​

  • Aumento de nota. Se desexas subir nota, podes presentarte a novas convocatorias, tanto da faxe xeral (sempre a todo o bloque de exames da fase xeral) como da específica ou das dúas. Tomarase en consideración a calificación da última convocatoria, sempre e cando sexa superior á anterior.

​

  • As ponderacións: as materias da fase voluntaria ponderarán de forma diferente para uns graos ou outros, e incluso en función da Universidade. Consulta as taboas de ponderacións para valorar en cales matricularte.

​​

  • A materia troncal de modalidade da que te examinas na fase Xeral Obrigatoria tamén se empregará para o calculo da nota de acceso na parte voluntaria, se é o caso. Consúltao no  apartado  nota de acceso​​

A ter en conta
bottom of page