top of page

O proceso de decidir

Se estás aquí, probablemente sexa porque te toca decidir. O sinto. Seguro que non é algo novo, que ao longo do teu itinerario formativo xa tes tomado decisións: esta optativa ou aquela outra; mates A ou mates B; ciencias, letras, academico, apricado… pero non por eso vai a ser máis doado.

​

Ao longo de toda a túa formación regrada as opcións son moitas e van aumentando. Do mesmo xeito o teu protagonismo na decisión vai aumentando. O cole o escolleron os teus pais pero a Universidade ou o Grado de FP ou o que fagas… vaiche tocar a tí.

​

Hai unha visión deste proceso que nolo debuxa como un camiño que vas percorrendo, e que, de cando en cando, chegas a un cruce e tes que decidir por onde seguir. Non me gusta a metáfora porque traslada unha imaxe estática, a idea de que te podes parar no cruce e estar ahí ata que teñas claro por onde ir. 

 

Gústame máis a metáfora dun río: Río abaixo vas coa corrente, e de cando en cando aparece unha bifurcación, ou un porto e tes que decidir. E rápido, porque senon decides, a corrente decide por ti. Cando chegues ao cruce, por algún sitio terás que continuar. Non podes pararte.

​

Visto así, parece que cada decisión vai a marcar a túa vida, que non hai volta atrás, que é unha aposta a todo ou nada. Pero non é asi. Cada decisión abre un novo abano de posibilidades, certo que se te equivocaches non é doado remar cara atrás... Máis é posible.

​

Para axudarte na túa decisión, convén que engadas información relevante. Para axudarte ímola organizar en tres apartados

Autocoñece-mento

Pensa en que te gosta, en que eres bo? ou ao reves: que non te gosta ?… 

​

Test, pistas para valorar as túas posibilidades, os teus recursos, pregunta como te ven

Oferta académica

Universidade, FP, Bacharelato, ....
​
​

infórmate das características do itinerario que tes por diante, a oferta universitaria, a formación profesional, outros estudos…

Mundo laboral

a que te queres adicar, de que vas traballar?
 
 

moitas veces a un mesmo desempeño pódese chegar por diferentes itinerarios. Pregunta, investiga…  cal queres que sexa o teu traballo?.

bottom of page